Sobre min

Ola! Son Molu 🎨

Son unha ilustradora galega , nada en Pontevedra e actualmente residente na Coruña.

🌱 Desde moi pequena sentín unha conexión moi profunda coa natureza e unha gran sensibilidade cara a calquera disciplina artística .

👀 Son moi curiosa, gústame aprender constantemente algo novo. Encántanme os animais (ás veces máis que as persoas). Non podo estar queta (agás cando estou traballando, cando non teño máis remedio que sentarme), e por iso sempre probei todo tipo de actividades.

😷 En 2020, chegou a pandemia e, despois de pasar un tempo estudando e facendo prácticas nunha axencia de publicidade en Madrid, volvín para a casa. Tiña ganas de tomar un xeado na Marina , pasear pola praia de Riazor e ir en bicicleta ata a Torre de Hércules .

✍️ Como non podía visitar os meus lugares favoritos da cidade, decidín debuxalos. E así foi como comezou moludemolusco.